Unha impecable novela de intriga que recrea unha Galicia misteriosa e chea de atractivo e densidade histórica.
Guillem, xornalista e escritor, viaxa a Santiago de Compostela a entrevistar ao derradeiro membro vivo da Xeración Nós. A casualidade pono na pista de Evelyn Moore, unha muller á que estivera vinculado quince anos atra´s e que desaparecera misteriosamente da súa vida, deixándolle un feixe de enigmáticos papeis que agora empezarán a cobrar sentido.
Nacido en Betanzos en 1959, dende os cinco anos vive no País Valenciano. É autor dunha extensa e premiada obra escrita en catalán. Como poeta posúe, entre outros, os premios Ausiàs March, Salvador Espriu e Miquel de Palol, ademais do Cavall Verd pola tradución ao catalán dun poemario de Xosé María Álvarez Cáccamo. A súa obra narrativa, case sempre vinculada a Galicia, está integrada por novelas como El misteri del barri gòtic, La mort salobre, Fado e A desaparición de Evelyn, publicada en galego por Editorial Galaxia.