I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño 2018
Luciano é descuberto intentando desertar da guerra e, despois de ser xulgado polos seus superiores, é condenado a morte. Á mañá seguinte, será fusilado coa última bala que garda o pelotón. Mais o amor pola música de Luciano e as súas ansias de liberdade farán que a cousa se complique un chisco polo camiño. Botando man da traxicomedia, o autor tece esta obra cuns diálogos áxiles marcados pola retranca e a ironeía. Esta obra pon de relevo o absurdo da guerra a través do propio absurdo, e axúdanos a ver como ás veces nos agarramos a ideas sen sentido. Unha obra conmovedora que nos enfronta a emprender un novo camiño.

(Tapia de Casariego, 1975) exerce como profesor de Ensino Secundario. Traballa no eido do teatro escolar e afeccionado, sendo coordinador da agrupación escolar Tuéjele Teatro, do IES Fernando Blanco, de Cee, e membro do grupo Farándula Velutina, cos que desenvolve actividades pola xeografía galega. Cultiva todos os xéneros literarios, especialmente o teatro. Como dramaturgo, formouse nos talleres do Centro Latinoamericano de Creación e Investigación Teatral e recibiu recoñecementos como os premios Rafael Dieste, Álvaro Cunqueiro e Roberto Vidal Bolaño, entre outros. Algunhas das súas pezas son A derradeira bala (Galaxia, 2018), Pallaso (2020), Sincronizadas (2020), Ofelia ou o cabeiro da cóbrega (2020) e Papiroflexia (Galaxia, 2021).
Como novelista, é autor de Miss Antropía (Galaxia, 2023) e Entomoloxía para misioneiros (Galaxia, 2023, Premio García Barros).