
(Tapia de Casariego, 1975) exerce como profesor de Ensino Secundario. Traballa no eido do teatro escolar e afeccionado, sendo coordinador da agrupación escolar Tuéjele Teatro, do IES Fernando Blanco, de Cee, e membro do grupo Farándula Velutina, cos que desenvolve actividades pola xeografía galega. Cultiva todos os xéneros literarios, especialmente o teatro. Como dramaturgo, formouse nos talleres do Centro Latinoamericano de Creación e Investigación Teatral e recibiu recoñecementos como os premios Rafael Dieste, Álvaro Cunqueiro e Roberto Vidal Bolaño, entre outros. Algunhas das súas pezas son A derradeira bala (Galaxia, 2018) Premio Roberto Vidal Bolaño; Pallaso (2020), Sincronizadas (2020), Ofelia ou o cabeiro da cóbrega (2020) e Papiroflexia (Galaxia, 2021).
Como novelista, é autor de Miss Antropía (Galaxia, 2023), Entomoloxía para misioneiros (Galaxia, 2023, XXXV Premio García Barros) e O lanzador de coitelos (Premio Galaxia 75 anos e Premio Nacional da Crítica Española de Narrativa Galega 2025).