Elucubración escénica nun acto e un epílogo
A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, un octoxenario Eduardo Pondal, corroído pola neurose no devalar da súa vida, enfróntase a medos, dúbidas e insatisfaccións creativas ao redor da obsesión pola súa obra capital, Os Eoas, tendo como interlocutores un personaxe nado da súa perturbación e a noviña criada da pensión en que se aloxa.

(San Paio de Navia, Vigo, 1960) é dramaturgo, director teatral e narrador oral. Autor de vinte e cinco pezas, como A piragua, As do peixe, O bululú do linier, García, Vida de cans, Foucellas e Fillos do Sol, entre outras. Das moitas adaptacións que asinou, poden citarse Commedia, Nano e A galiña azul, con mención especial ao seu monólogo teatral baseado en Memorias dun neno labrego, que chegou ás duascentas funcións, fito pouco común no teatro galego. Os seus últimos traballos neste campo foron A peste, sobre a novela de Albert Camus, e Cigarreiras, versión escénica de La Tribuna, de Emilia Pardo Bazán.
As súas pezas recibiron varios premios Max e numerosos María Casares. Pola súa traxectoria, é Xograr de Outono do FIOT de Carballo, Premio Vidal Bolaño da MIT de Ribadavia, Premio Xiria da MITCF de Cangas e Premio da Cultura Galega.
Actualmente é o director e dramaturgo habitual de Contraproducións, empresa teatral da que é un dos fundadores.