Estás aquí:

Código: 18554

Miñatos de vran

14,00  IVE INCLUIDO
En 1928 estreouse na Habana a zarzuela galega Miñatos de vran (Gavilanes de verano),con libreto de Enrique Zas e música de José Fernández Vide. Esta obra, que se relaciona coa política cultural das Irmandades da Fala no seu tempo, foi estreada de novo na cidade das Burgas en 1959, cun texto reelaborado por Otero Pedrayo a partir da idea argumental orixinal trasladada polo mestre Vide (ao perderse o texto inicial), quen tamén fixo modificacións na música, nunha obra que se axusta ás características do xénero “chico”, pouco habitual no ámbito lírico galego, e que se ofrece neste volume en edición do musicólogo Javier Jurado.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 154
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 12/12/2022
Dimensións 135 x210 mm.
Colección: Teatro
Nº na colección: 5
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-932-4
Observacións:

AUTORES/AS

Fernández Vide, José
Joxe-Fernandez-Vide-1

(Ourense, 1893-1981), compositor, foi segundo organista da catedral de Ourense e profesor na Escola Normal de Maxisterio. En 1924 trasladouse a Cuba, onde foi mestre na Academia de Belas Artes do Centro Galego da Habana e director do seu Conservatorio. Compuxo gran número de obras, corais, para piano e para voz e piano, e dúas zarzuelas en galego: Proba de amor (A Habana, 1928), con letra de Francisco Álvarez de Novoa, e Miñatos de vran (A Habana, 1928), con letra de Enrique Zas, logo reescrita por Ramón Otero Pedrayo para a súa estrea galega en 1959 en Ourense. En 1932 regresou a Galicia, onde exerceu como director de varias agrupacións, destacando á fronte do Orfeón Unión Ourensana.

As súas obras

Miñatos de vran
9788491519324
14.00€ CON IVE
Otero Pedrayo, Ramón
Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) é unha das máis sobranceiras figuras da Historia da cultura galega. Membro destacado da Xeración Nós, a súa traxectoria vital e intelectual vai dende as cortes republicanas, nas que foi deputado galeguista, ata a presidencia de Editorial Galaxia, cargo que desempeñou ata a súa morte. Foi tamén presidente do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de Xeografia na Universidade de Santiago. Otero Pedrayo foi un escritor que cultivou todos os xéneros literarios, dende a poesía ao teatro, pasando pola novela, o relato, o xornalismo e, por suposto, o ensaio. Da súa obra literaria cómpre salientar as novelas Os camiños da vida (1928), Arredor de si (1930) e O señorito da Reboraina (1960), os ensaios sobre a paisaxe e a cultura de Galicia, o poemario Bocarribeira (1958) e a súa achega ao eido teatral.

As súas obras

Polos vieiros da saudade
9788491514831
29.75€ CON IVE

COLECCIÓN

Teatro

As alumnas
9788491517986
13.90€ CON IVE
Despois das ondas
9788491518303
12.10€ CON IVE
Fillos do sol
9788491516460
12.90€ CON IVE
Miñatos de vran
9788491519324
14.00€ CON IVE
Morte accidental dun anarquista
9788411760126
14.00€ CON IVE
Papiroflexia
9788491516446
12.90€ CON IVE
Perder (2016-2021)
9788411760256
14.00€ CON IVE
Run baby run
9788411761376
12.00€ CON IVE