Fernández Vide, José

Joxe-Fernandez-Vide-1
Fernández Vide, José

(Ourense, 1893-1981), compositor, foi segundo organista da catedral de Ourense e profesor na Escola Normal de Maxisterio. En 1924 trasladouse a Cuba, onde foi mestre na Academia de Belas Artes do Centro Galego da Habana e director do seu Conservatorio. Compuxo gran número de obras, corais, para piano e para voz e piano, e dúas zarzuelas en galego: Proba de amor (A Habana, 1928), con letra de Francisco Álvarez de Novoa, e Miñatos de vran (A Habana, 1928), con letra de Enrique Zas, logo reescrita por Ramón Otero Pedrayo para a súa estrea galega en 1959 en Ourense. En 1932 regresou a Galicia, onde exerceu como director de varias agrupacións, destacando á fronte do Orfeón Unión Ourensana.

As súas obras

Miñatos de vran
9788491519324
14.00€ CON IVE