Estás aquí:

Código: 18376

Despois das ondas

12,10  IVE INCLUIDO
XVIII PREMIO RAFAEL DIESTE DE TEXTOS TEATRAIS 2017
Tras corenta anos no exilio, María Casares regresa á patria da súa infancia convertida nunha grande intérprete, e no símbolo da España refuxiada, coa lembranza dunha Galicia entre as brétemas do pasado. Será nesa néboa onde a actriz deberá internarse para atopar o significado dunha vida chea de éxitos e perdas, onde as pantasmas que camiñan pola súa memoria axudarana a responder á verdadeira razón desta viaxe: quen é María Casares? Despois das ondas, a primeira peza dramática longa en galego sobre a vida e a carreira da actriz, unha das creadoras máis influentes do século XX, foi estreada en 2019 pola compañía ButacaZero, con dirección de Xavier Castiñeira, no Teatro Colón da Coruña, cidade natal da protagonista, e a onde nunca puido regresar, e que se reedita no centenario de María Casares.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 84
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Teatro
Nº na colección: 4
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-830-3
Observacións:

AUTORES/AS

Is, Ernesto
Ernesto Is

(Xixón, 1988) é dramaturgo, narrador, dinamizador cultural e profesor de teatro e escrita dramática. Titulado superior en Dramaturxia pola ESAD de Galicia, ten estudos de realización e produción audiovisual. Recibiu os premios Abrente, da MIT de Ribadavia (2016, ex aequo), pola obra Fendas (que volveu gañar en 2021), o Rafael Dieste de Textos Teatrais (2017), por Despois das ondas, monólogo sobre a actriz María Casares, que foi levado a escena por ButacaZero en 2019, por cuxa montaxe foi candidato ao mellor texto orixinal nos XXIV Premios María Casares da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Das súas publicacións destacan a peza de teatro documental Relato para un incendio, ao abeiro da primeira bolsa de dramaturxia e creación da Agadic, El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas (2017), Hotel Europa (2022) e O péndulo (2022) en coautoría con Marta Pérez.

As súas obras

Despois das ondas
9788491518303
12.10€ CON IVE

COLECCIÓN

Teatro

As alumnas
9788491517986
13.90€ CON IVE
Despois das ondas
9788491518303
12.10€ CON IVE
Fillos do sol
9788491516460
12.90€ CON IVE
Miñatos de vran
9788491519324
14.00€ CON IVE
Morte accidental dun anarquista
9788411760126
14.00€ CON IVE
Papiroflexia
9788491516446
12.90€ CON IVE
Perder (2016-2021)
9788411760256
14.00€ CON IVE
Run baby run
9788411761376
12.00€ CON IVE