Estás aquí:

Código: 1451

As alumnas

12,20  IVE INCLUIDO

Premio Follas Novas 2023 á mellor Obra de teatro

Esta peza de teatro foi escrita a partir dunha proposta de Fran Rei como representante de Culturactiva. Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres. Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Así, a memoria, as lembranzas que se van desenvolvendo neste xogo de persoas adultas que é o teatro, fannos descubrir como as decisións que se tomaron, e o medo e a rebeldía, marcan o seu destino.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 100
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Teatro
Nº na colección: 3
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-798-6
Observacións:

AUTORES/AS

Carballeira, Paula
Paula

(Fene, 1972). Paula Carballeira Cabana (Contadoris absurdus). Animal da especie dos faladores, moi común en zonas de chuvia. Adoita abrir a boca para contar historias e limpar ben as orellas para escoitalas onde queira que vaia. Gústalle comer e viaxar. Das súas diferentes viaxes pódense encontrar datos en A percura, Robin e a Boa Xente, Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima e Mateo. A súa viaxe máis recente foi a África, ás aldeas Mangalas. As últimas noticias que se teñen dela din que está a preparar unha excursión extraterrestre.

Reside en Santiago de Compostela dende 1989, onde estudou Filoloxía Hispánica. Escribe relatos infantís e xuvenís, e pertence á compañía de teatro Berrobambán. En 2006 foi a primeira gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, galardón creado polo IGAEM, pola súa obra Boas noites, e en 2011 gañou o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil por O refugallo.

Publicou diversas obras, entre as que destacan Olo-iepu-iepu (1999), A era de Lázaro (2004), Contatrás (2006), O lobishome de Candeán (2009), As outras historias (2011), entre outras.

 

As súas obras

Carabela
carabela
12.90€ CON IVE
As alumnas
9788491517986
12.20€ CON IVE
Olo-Iepu-Iepu
olo iepu
esgotado
A era de Lázaro
era lazaro
10.55€ CON IVE

COLECCIÓN

Teatro

As alumnas
9788491517986
12.20€ CON IVE
Despois das ondas
9788491518303
11.65€ CON IVE
Fillos do sol
9788491516460
12.45€ CON IVE
Miñatos de vran
9788491519324
13.50€ CON IVE
Morte accidental dun anarquista
9788411760126
13.50€ CON IVE
Papiroflexia
9788491516446
12.45€ CON IVE
Perder (2016-2021)
9788411760256
13.50€ CON IVE