Olo-Iepu-IepuPaula CarballeiraUn libro divertido sobre o pracer de contar contos. Esta historia trata sobre unha tribo de África, chamada Mangala. Os homes e as mulleres de Mangala son os mellores contacontos do mundo enteiro. E non é fácil. Deben adestrarse arreo. Así, cada serán xúntanse na praza redonda da aldea, saudándose cun forte "¡Olo!". E alí empezan a contar historias dun rei que quere un cabalo branco, dun rapaz que embotellou a morte, contos de porcos e de monos e de como naceron algúns animais… En fin, non paran de contar cousas e pásano moi ben. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasObras do autor en catálogo
Actividades relacionadasNovidades
| |||||||||||||||||||||
|