10,75€

mercar

A princesiña que conducía unha locomotora

Clara do Roxo

Farto de historias de princesiñas ñoñas que o único que queren é casar cun Príncipe, a poder ser, azul? A que non sabías que hai princesas que o que máis lles gusta, máis que converterse en raíñas é conducir trenes?

Hai princesiñas que o que queren é que as bique un príncipe e así casar. Outras queren atopar un príncipe azul. Hai moitas e de moitas clases nos contos de sempre… pero o que non che hai son moitas princesiñas que o que de verdade busquen na vida sexa convertirse en maquinistas de tren e saír ver mundo. Porque a Corte, toda chea de príncipes azuliños casadoiros, éche ben aburrida…

Esta princesiña o que quere é brincar, gozar, ser feliz!

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 40
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 130 x 200 mm.
  • Data Publicación : 2013-07-12
  • Colección : Árbore a partir de 8 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-415-8
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

do Roxo, Clara
A Clara do Roxo o que máis lle gusta facer na vida é ler e escribir. Tamén é feliz cando anda en bici, ou pasea pola praia do Vao en inverno. Vólvenlle tola as chuches, aínda que xa sabe que son moi malas para os dentes. Como o seu maxín andou sempre de castelo en castelo mergullado nos tempos antigos, decidiu estudar Historia, para comprender mellor a vida e aventuras dos reis e raíñas e das damas e cabaleiros, os seus segredos e degoxos e tamén para coñecer os motivos incomprensibles das guerras terribles que sucederon hai tantos e tantos anos. E así foi como agora, xa de maior, acadou o seu maior devezo, ser escritora de verdade. Esta é a súa primeira novela, que imaxinou para o seu fillo pequeno e para todos os nenos que teñan unha ilusión na súa cabeciña.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR