do Roxo, Clara

clara
do Roxo, Clara

A Clara do Roxo o que máis lle gusta facer na vida é ler e escribir. Tamén é feliz cando anda en bici, ou pasea pola praia do Vao en inverno. Vólvenlle tola as chuches, aínda que xa sabe que son moi malas para os dentes. Como o seu maxín andou sempre de castelo en castelo mergullado nos tempos antigos, decidiu estudar Historia, para comprender mellor a vida e aventuras dos reis e raíñas e das damas e cabaleiros, os seus segredos e degoxos e tamén para coñecer os motivos incomprensibles das guerras terribles que sucederon hai tantos e tantos anos. E así foi como agora, xa de maior, acadou o seu maior devezo, ser escritora de verdade. 

Publicou A princesiña que conducía unha locomotora (2012), A mamá que perdeu as cóxegas (2015), Sombras no Ensanche (2016) e Actrices secundarias (2019).

 

As súas obras

A mamá que perdeu as cóxegas
A mamá que perdeu as cóxegas
11.80€ CON IVE
A princesiña que conducía unha locomotora
princesiña
10.75€ CON IVE