(Xixón, 1988) é dramaturgo, narrador, dinamizador cultural e profesor de teatro e escrita dramática. Titulado superior en Dramaturxia pola ESAD de Galicia, ten estudos de realización e produción audiovisual. Recibiu os premios Abrente, da MIT de Ribadavia (2016, ex aequo), pola obra Fendas (que volveu gañar en 2021), o Rafael Dieste de Textos Teatrais (2017), por Despois das ondas, monólogo sobre a actriz María Casares, que foi levado a escena por ButacaZero en 2019, por cuxa montaxe foi candidato ao mellor texto orixinal nos XXIV Premios María Casares da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Das súas publicacións destacan a peza de teatro documental Relato para un incendio, ao abeiro da primeira bolsa de dramaturxia e creación da Agadic, El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas (2017), Hotel Europa (2022) e O péndulo (2022) en coautoría con Marta Pérez.