Nacido en Betanzos en 1959, dende os cinco anos vive no País Valenciano. É autor dunha extensa e premiada obra escrita en catalán. Como poeta posúe, entre outros, os premios Ausiàs March, Salvador Espriu e Miquel de Palol, ademais do Cavall Verd pola tradución ao catalán dun poemario de Xosé María Álvarez Cáccamo. A súa obra narrativa, case sempre vinculada a Galicia, está integrada por novelas como El misteri del barri gòtic, La mort salobre, Fado e A desaparición de Evelyn, publicada en galego por Editorial Galaxia.