2044, de Eduardo Santiago

Categoría: Nova

¿Qué pasaría se un videoxogo se convertese en real?
¿Qué pasaría se todos tivesemos un dobre que nos quixese asasinar?
¿Qué pasaría se a realidade virtual e a física se confundisen?
Un libro intrigante que te enganchará dende o primeiro parágrafo.

Ano 2044. Achégase o aniversario de Lena. Cal será a sorpresa preparada para os amigos e as amigas polo seu pai? Cada ano sorpréndeos dun xeito diferente. Pero o que vai pasar este ano ninguén podía imaxinalo… de feito, incluso pode ser que todos perdan a vida. 2044 é unha novela futurista que nos mergulla nun universo de realidade virtual no que, para sobrevivir, os protagonistas van ter que descifrar o estraño significado dunhas pistas e enigmas baseados en números enigmáticos. Unha novela de intriga nun universo probable que pode chegar a ser tremendo. Os protagonistas non saben onde remata a realidade e comeza o universo virtual… Ti verás que tampouco.

Eduardo Santiago naceu nunha aldea de Pontevedra no ano 1964. Dende sempre se sentiu interesado pola ficción científica e no ano 1982 obtivo o segundo premio nun concurso convocado pola ONU para a Segunda Conferencia das Nacións Unidas sobre a exploración e utilización do espazo extraterrestre con fins pacíficos. Traballa na Administración pública e 2044 é a súa primeira obra de ficción.

Comparte nas túas redes sociais ou por email