No ano de 1986 recibía o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil o libro de Paco Martín 'Das cousas de Ramón Lamote'. Dende aquela, non deixou de venderse e de reeditarse unha e outra vez. A unanimidade de críticos e lectorado, mozo ou adulto, sempre foi intensa e, de feito, hai críticos que acuñaron a expresión "Xeración Lamote" para se referir á auxe de autores (Agustín Fernández Paz e outros) que viñeron despois deste libro.
Agora, de novo, coñece unha nova reedición.
E as que virán.