Xavier Queipo (Compostela, 1957) escribe e publica regularmente en galego desde 1990. É autor, entre outros libros, de Ártico e outros mares (relatos, 1990); Ringside (relatos, 1993), O paso do Noroeste (Premio García Barros de Novela, 1996); Malaria sentimental (novela, 1999); Papaventos (novela, 2001); O ladrón de esperma (relatos, 2001); Os ciclos do bambú (relatos, 2003); Glosarios (poesía, 2004); O espello e o dragón (literatura infantil, 2005); Dragona (novela, 2007); Caderno da Revolución Cultural (crónicas radiofónicas, 2007); Saladina (novela, 2007); Felices e diferentes (crónicas radiofónicas, 2009); A illa dos cangrexos violinistas (literatura infantil, 2009); Cartas marcadas (ensaio, 2010); Ártico 2.0 (relatos, 2011), Extramunde (Premio Xerais de Novela 2011), Os kowa (Premio Blanco Amor 2015) e, xunto con Ramón Neto, do poemario Minutos para medianoite (2019). Membro do Dichterscollectif van Brussel desde 2007. Premio da Crítica española en 1991 e Premio Xosé Mª Álvarez Blázquez ao Autor do ano 2011. Participou en numerosos libros coletivos e antoloxías, traduciu do francés a Amin Maalouf e Hervé Guivert e, do inglés, a Joseph Conrad e James Joyce.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Corazón de manteiga
Mauro goza dunha nenez fantástica,17,40€

mercar
Minutos para medianoite
Partindo do tanxíbel,12,40€

mercar
Os kowa
Premio Blanco Amor 201518,75€

mercar
Ártico 2.0
Versión nova e ampliada do texto co que Xavier Queipo obtivo o Premio da Crítica española en 199118,60€

mercar
Saladina
Velaquí un libro de amador, como anuncia o propio autor. Un libro que bebe das mesmas fontes onde Cunqueiro encontrou a Sinbad. Un libro de libros, ou de historias para engaiolar lectores.9,85€

mercar
Cartas marcadas
O novo libro de Xavier Queipo establece un xogo dobre co lector, xa que se trata duns textos difundidos previamente na web culturagalega.org, do Consello da Cultura Galega, que se publican despois nun libro. Texto electrónico e texto impreso para dous tipos de lectura e momentos diferentes.19,95€

mercar
Os ciclos do bambú
Os ciclos do bambú descóbrenos unha Asia insólita: o antigo imperio do Vietnam, os costumes funerarios de Bombai, os soños dun lama ou o metro de Hong-Kong, como escenario da perda da identidade.10,50€
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR