OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A
|
RecensiónsNoticias relacionadasActividades relacionadasNovidades
|
![]() Diego Giráldez (O Porriño, 1976). Exerceu o xornalismo en distintos medios escritos e dixitais. Ademais de coordinar varias cabeceiras, colaborou como columnista de opinión nos xornais A Nosa Terra e Xornal de Galicia e, a través de reportaxes culturais, con El País. Na actualidade, faino co diario dixital Praza Pública e a revista Luzes. Fundou e dirixiu as revistas Malladoura e CanZine e escribiu libros relacionados coa arquitectura e a historia económica de Galicia. En 2016 publicou o libro de relatos curtos Galería de saldos, o seu primeiro traballo de narrativa, polo que foi elixido “Autor galego do ano” pola revista Fervenzas Literarias. En 2019 publicou en Editorial Galaxia a novela Hotel para coleccionistas discretos e participou nas obras colectivas O libro dos trens e A secreta melancolía da garza (Galaxia, 2019). Entre os galardóns que recibiu destacan o Premio Literario José Saramago de relato curto (2010), o primeiro accésit do Certame Nacional de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo (2015) e o Premio Literario Manuel Murguía (2016). En 2020 quedou finalista do XVII Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego. OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A
|
RecensiónsNoticias relacionadasActividades relacionadasNovidades
|
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies
ACEPTAR