Vémonos esta fin de semana, no Culturgal

Categoría: Uncategorized, Nova

Como cada ano, Editorial Galaxia participará na nova edición do Culturgal 2023, que se celebrará do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Cunha programación diversa, Galaxia estará ofrecendo unha gran variedade de eventos: conversas sobre as nosas últimas novidades, premios, encontros cos nosos autores e autoras, sinaturas… agardámosvos no noso stand coas últimas publicacións, onde poderedes botar unha ollada e achegarvos ás curiosidades que atesoura cada libro.

A partir de mañá podedes asistir á nosa programación:

Venres 1 de decembro

17 h. Espazo Arte. Presentación arredor do XX aniversario de Reizentolo: Antes molabamos máis.

Acompañando a Pablo Rodríguez, director creativo, estará Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.

19 h. Espazo Arte. Presentación arredor da colección Banda Deseñada.

Conversa arredor das dúas novidades A brigada iridescente, de Elena Andrés; e Sentinelas da Lúa Carmesí, de Ozo Perozo, Andrés Castro e Alexandre Senande.

Estarán acompañados por Sara Valcárcel, responsable de Comunicación e Novos Proxectos de Editorial Galaxia.

Sábado 2 de decembro

12 h. Stand Editorial Galaxia. Sinatura con Xaime Toxo, autor de 70º Norte, e Cris Pavón, autora de Eva e Lucy.

13 h. Stand Editorial Galaxia. Sinatura e lectura dramatizada arredor de Voa, voa!, de Artur Trillo.

Acompañando o autor, estarán a actriz María Ordóñez, e o actor Toño Casais.

17 h. Espazo Letras. Conversa Unha Galaxia de Premios.

Celebrarase unha conversa arredor de Entomoloxía para misioneiros, Premio García Barros 2023, de Fernando Castro Paredes; Os afogados, Premio Illa Nova 2023, de Pablo J. Rañales; e Hotel Carioca, I Premio Álvaro Cunqueiro de Novela, de Antón Riveiro Coello.

Acompañando os autores, estará Sara Valcárcel, responsable de Comunicación e Novos Proxectos de Editorial Galaxia.

18 h. Stand Editorial Galaxia. Sinatura arredor de Anatol e dous máis, de Blanca Riestra.

19 h. Stand Editorial Galaxia. Sinatura arredor de As alumnas, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, de Paula Carballeira.

Domingo 3 de decembro

12 h. Libraría Paz. Sinatura arredor de Quen escribirá a miña historia?, de Iria Morgade Valcárcel.

12 h. Espazo Arte. Conversa arredor do Álbum Ilustrado.

Celebrarase unha conversa arredor dos libros Maruchi e o gancho, Premio Quiñoi de Álbum Ilustrado, de Laura Cid Rascado; Miña casiña, meu lar, de Rosalía de Castro, ilustrado por Blanca Millán; e Xe, de Lara Boubeta Bamio, ilustrado por Sara Valcárcel.

Acompañando as autores, estará Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.

18 h. Stand Editorial Galaxia. Sinatura con Antía Yáñez.

Todo o programa está dispoñible premendo aquí. Non faltedes!

Comparte nas túas redes sociais ou por email