Estás aquí:

Código: 18690

Voa, Voa!

14,00  IVE INCLUIDO

Todas as tardes, Xoana baixa xogar ao parque, onde coincide con Anxo, un neno introvertido que non lle gusta nada brincar fóra, e que prefire estar na casa vendo a tele ou xogando cos videoxogos. Pouco a pouco vai entrando nos seus xogos, que lle ensinara a súa avoa.

Un texto que se propón recuperar retrousos, xogos de man e toda unha relación de ditos populares centrados nas pequenas rimas que perduraron xeración tras xeración e que se foron transmitindo de xeito oral.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 196
Deseño: Rústica
Data Publicación: 20/07/2023
Dimensións 126 x 200 mm.
Colección: Árbore
Nº na colección: 261
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-062-1
Observacións: Iluñstracións de Esteban Souto

AUTORES/AS

Trillo, Artur
Artur Trillo

(Dumbría, 1968). Actor, director e autor teatral, fundou a compañía Talía Teatro, onde desenvolve a maior parte dos seus proxectos teatrais. Como actor, destacan as súas interpretacións en Bicos con lingua e E ti quen vés sendo?, polos que acadou dous premios María Casares á mellor interpretación. Tamén participa en varios proxectos doutras compañías teatrais, como o Centro Dramático Galego, Teatro do Atlántico e Lagarta Lagarta.

Como director, salientan os espectáculos Gaivotas subterráneas e Palabras encadeadas, polo que acadou, con por este último, o premio María Casares á mellor dirección.

Como autor, levou a escena varias montaxes, entre as que resaltan textos para público infantil, como Menos lobos, Sopa de sapo e este que tes nas mans, Voa, voa! Tamén participa nos espectáculos de creación colectiva Pelos na lingua e A parábola do angazo, que lograron dous premios María Casares ao mellor texto teatral. En 2012 recibiu un Premio Max das Artes Escénicas.

Tamén participa en numerosas escolas de formación de teatro afeccionado e dirixiu a Mostra de Teatro de Cee desde 1988 ata o 2012.

As súas obras

Voa, Voa!
9788411760621
14.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Árbore

A citación
foto
descatalogado
A encrucillada da torre
foto
esgotado
A lúa non está á venda
a lua non esta a venta
descatalogado
A pel do mundo
a-pel-do-mundo
10.40€ CON IVE
Adiviña esta adiviña
9788491516064
14.20€ CON IVE
Alén das estrelamares
9788411761345
15.65€ CON IVE
Amiga lúa, amigo mar
9788491519249
11.00€ CON IVE
Andar aos biosbardos. Contos baixo o Freixo engurrado
9788491516118
9.25€ CON IVE