(Dumbría, 1968). Actor, director e autor teatral, fundou a compañía Talía Teatro, onde desenvolve a maior parte dos seus proxectos teatrais. Como actor, destacan as súas interpretacións en Bicos con lingua e E ti quen vés sendo?, polos que acadou dous premios María Casares á mellor interpretación. Tamén participa en varios proxectos doutras compañías teatrais, como o Centro Dramático Galego, Teatro do Atlántico e Lagarta Lagarta.
Como director, salientan os espectáculos Gaivotas subterráneas e Palabras encadeadas, polo que acadou, con por este último, o premio María Casares á mellor dirección.
Como autor, levou a escena varias montaxes, entre as que resaltan textos para público infantil, como Menos lobos, Sopa de sapo e este que tes nas mans, Voa, voa! Tamén participa nos espectáculos de creación colectiva Pelos na lingua e A parábola do angazo, que lograron dous premios María Casares ao mellor texto teatral. En 2012 recibiu un Premio Max das Artes Escénicas.
Tamén participa en numerosas escolas de formación de teatro afeccionado e dirixiu a Mostra de Teatro de Cee desde 1988 ata o 2012.