A Brigada Iridescente é un grupo de amigos que cada día procura unha nova aventura.
Nas festas de verán da súa vila, e tras visitar moitos postos e atraccións, acaban nos inchables.
Un momento, onde está a saída? E quen é ese home tan raro?
Serán capaces de saír ilesos do labirinto dos inchables os nosos cinco amigos?
Todo isto e máis nesta aloucada historia!

Ilustradora e autora nada en Ourense en 1997. Gradouse en Tradución e Interpretación na UVigo, mais cambiou de rumbo cara ao debuxo e estudou Ilustración na EASD Antonio Faílde. En 2022 gañou o Premio Pura e Dora de Ilustración e, ao ano seguinte publica o seu primeiro álbum infantil Vou! (2023) como ilustradora e autora. Ese mesmo ano, publica A Brigada Iridescente. O labirinto dos inchables, e en 2025 A Brigada iridescente. O fantasma do vestiario das rapazas .