O noivo da súa irmá é un vampiro!
Ester teno claro e non pensa quedar cos brazos cruzados.
Xunto á súa cuadrilla e o seu inseparable gato, Millo, emprende unha misión ultra secreta.
Cos petos cheos de allos e auga bendita, este grupo de “expertos” tratará de destapar a verdade.
Acompaña a Ester e Millo nesta divertida e entolecida aventura.
Logrará pararlle os pés antes de que merende a toda a familia?

Naceu en Vigo en 1995.
Dende moi cativa xa andaba rodeada de libros e lapis. Estudou banda deseñada e libro ilustrado no Garaxe Hermético, e, ao rematar a súa formación, comezou a traballar como ilustradora, participando en proxectos de banda deseñada cos seus compañeiros da escola, como en Florencio e A Illa de San Simón, entre outros. Tamén ilustrou varios libros infantís para Editorial Galaxia, como Ícaras, de Carlos Labraña, e O violino de Luísa, de Verónica Santalices.