Desde os albores dos tempos, seres míticos e humanos coexistían en paz e harmonía. Pero un día, os homes comezaron a perseguir o que non comprendían.
Tres mouras foron confundidas con bruxas e condenadas á fogueira. Unha delas fuxiu, propagando unha maldición que case acaba coa humanidade enteira.
As criaturas mitolóxicas acordaron entón manter a moura encerrada mediante un conxuro ligado á non intervención do humano devir.
A lenda di que unha cría humana será quen volverá unir ambos os mundos...

(Xosé A. Perozo Porteiro) nace en Vigo en 1975 e traballa coma director no audiovisual galego, participando en series como A lei de Santos, Método criminal, Serramoura e Valle salvaje.
Cunha ampla formación como guionista, escribe para series como O Faro e Fontealba, e imparte obradoiros de guión cinematográfico. A triloxía de Sentinelas da lúa carmesí é o seu primeiro traballo en banda deseñada.

(A Coruña, 1976). É crítico de cinema no xornal Nós Diario. En 2019 participa no libro colectivo Vaca Films, paixón polo cinema, logo de ser membro do xurado en diversos festivais galegos e de escribir e dirixir varias curtametraxes. Sentinelas no limiar das tebras (2025) é o seu segundo título como guionista de banda deseñada, dentro da triloxía iniciada con Sentinelas da lúa carmesí (2023).