É o primeiro día de clase para a Brigada Iridescente, xa van en 6º de primaria e están moi emocionados. Todo parece ir ben na escola, pero axiña comezan a pasar cousas raras. Luces que se apagan, portas que se pechan soas, obxectos que rompen… Ten que ser un fantasma; entón, a lenda da escola é certa!
Acompañade a Vale, Eloi, Gaeul, Cristian, Nina e Paulo nesta nova aventura! Só as nenas e nenos máis valentes serán quen de facerlle fronte ao fantasma!

Ilustradora e autora nada en Ourense en 1997. Gradouse en Tradución e Interpretación na UVigo, mais cambiou de rumbo cara ao debuxo e estudou Ilustración na EASD Antonio Faílde. En 2022 gañou o Premio Pura e Dora de Ilustración e, ao ano seguinte publica o seu primeiro álbum infantil Vou! (2023) como ilustradora e autora. Ese mesmo ano, publica A Brigada Iridescente. O labirinto dos inchables, e en 2025 A Brigada iridescente. O fantasma do vestiario das rapazas .