Escoller onde buscar

Morgade Valcárcel, Iria

Iria Morgade Valcárcel
Morgade Valcárcel, Iria

(1988) é licenciada en Ciencias Políticas. Traballa como profesora de Formación Profesional no IES Luís Seoane (Pontevedra) e dedícase á investigación en temas relacionados coa memoria, o discurso social e a mobilización social e política, realizando a súa tese de doutoramento na USC. Pertence ao grupo Histagra.

No eido académico publicou nas revistas Tempo Exterior e Revista Galega de Educación, e colaborou en obras colectivas como Sites of Violencie and Memory in Modern Spain. From de Spanish Civil War to the Present Day (2021), baixo a coordinación de Antonio Míguez, e Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, baixo a edición de Lourenzo Fernández e Antonio Míguez (Editorial Galaxia, 2018).

Iniciouse na narrativa coa novela Verbas no ar (2011), VI Premio Biblos.

Premio Antón Losada Diéguez 2024 coa obra: Quen escribirá a miña historia?

As súas obras

Quen escribirá a miña historia?
9788411760546
21.50€ CON IVE