Toxo, Xaime

Xaime Toxo
Toxo, Xaime

(Bueu, 1955) é licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, xestor cultural, presidente do Ateneo de Pontevedra e escritor. 

No seu haber conta, entre outras publicacións, cos libros de relatos As palabras que move o mar (2015) e Protexer o invisible (2016), e os textos poéticos Cadernos do mar (I e II, 2014), en colaboración co pintor Antón Sobral, e A casa sen nós (2019).

Recibiu o Primeiro Premio do Certame “O xadrez faise palabra”, convocado pola ONCE no ano 2000; accésit do Premio Modesto R. Figueiredo 2002; primeiro Premio do Certame de relatos do Concello de Paradela 2002; primeiro Premio do Certame Manuel Murguía de narracións breves 2004; accésit do Premio Modesto R. Figueiredo 2011 e accésit no Certame Manuel Murguía 2011.

70⁰ Norte é a súa primeira novela. 

As súas obras

70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE