(Mugardos, 1999) é graduado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou no mundo editorial na adolescencia e a través de dúas obras colectivas: La narrativa de suspense (2015) e Seis días para leer y mil noches para soñar (2016). Continuou coa publicación do seu relato “Amor imperfecto” na revista norteamericana Contrapuntos V, en 2017, impartiu clases de escritura creativa en Ares e obtivo o I Premio de Literatura Experimental (2020) da Fundación Wenceslao Fernández Flórez.
En 2021 chegou ao mercado literario a súa primeira novela, Siervos de tinta, e en 2023 materializouse a segunda, En la chepa del busero, ambas as dúas desenvolvendo un persoal realismo máxico. En xuño dese mesmo ano, gañou a sétima edición do Premio Illa Nova de Narrativa con Os afogados.