(Vigo,1999) graduada en Belas Artes en Pontevedra coa obtención da beca “Future Stories” apoiada pola Fundaciónr Marta Ortega e a Universidade de Vigo con exposición no Museo MARCO de Vigo (2022)
Publica en 2023 o álbum ilustrado Maruchi e o gancho tras conseguir o premio na III edición de Álbum Ilustrado Albert Quiñoi da Editorial Galaxia.
Comeza o seu segundo libro grazas á súa praza na Residencia Literaria en San Simón, onde residiu en 2023.
En 2024 expón no CSCR de Beade unha serie de ilustracións chamada “Casa”.
Impartiu clases extraescolares de manualidades en diversos colexios (primaria e infantil) e na actualidade imparte clases de pintura na Asociación Val do Fragoso.
Graduada no Conservatorio Profesional (Vigo e Pontevedra) coa especialidade de Clarinete, forma parte da Banda de Música de Beade como clarinetista e cursa cello na Escola de Música de Beade.
Realizou o Curso de Monitora de Tempo Libre en Xaruma e cursa o Ciclo de Educación Infantil no Centro de Estudos Superiores Aloya.