(Cangas, 1994) É mestra a tempo completo e escritora cando pode. O seu activismo polos dereitos LGBTIQA+ levouna a unir estas dúas facetas e a loitar por medio da palabra. É así como nace Xe, unha reflexión sobre o xénero adaptada ás infancias.
Ten unha relación complexa coa poesía que comparte nas redes por medio de @sentimentos_con_sentidos. Grazas a esta, obtivo recoñecementos en diversos certames como o do Concello de Ames ou o III Certame de poesía LGBT+ de AvanteLGBT+ Compostela.