Ciencia, maxia, relixión. De que xeito nos explicamos o mundo? Con que mestura de relatos damos sentido ás existencias? As mulleres protagonistas de Eva e Lucy amosan e agochan as súas estratexias para vivir, para loitar por un lugar no mundo, para acougar a dor.
Andar, facer, falar. Camiños na evolución e camiños en Compostela. Migracións e peregrinacións, sendas que nos conduciron ás palabras e outras que nos fixeron calar. Un debullar nas biografías de antecesores próximos e remotos, unha pescuda da construción da identidade. E o seu esboroar.
(A Coruña, 1962) foi profesora de Informática en Formación Profesional. Autora das novelas Limiar de conciencia (2012) e Sangue 12 (2014) e do libro de relatos Á busca da orixe perdida das especies (2015, premio Ricardo Carvalho Calero de Creación Literaria 2014), tamén colaborou nos libros colectivos de relatos Longas sombras na pedra (2019) e Obras breves de imaxinación (2011).
Recibiu, entre outros, o Premio de Relato Curto Liceo de Noia (2008), o Premio de Relato da Asociación Mulleres Progresistas de Vigo (2009) e o Premio no Certame Nacional de Narracións Breves Modesto Figueiredo 2013.