A todas as que converten cousas pequenas en manxares
A loita pola supervivencia dos máis necesitados, a avaricia dos podentes, e malia todo a alegría por vivir e superar todas as adversidades da muller protagonista cociñando un humilde caldo de gloria e un bolo de pote.
Todo isto está no reivindicativo poema de Rosalía de Castro que Blanca Millán ilustra neste libro, con mestría.
Nada en 1991 nunha pequena aldea de Touro.
Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e cun mestrado en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual, pinta dende que ten memoria e ilustra contos dende que é nai
As súas primeiras publicacións chegaron no 2017 con Manuela e A maxia de mamá, e dende entón xa van máis de 30 títulos en galego, castelán, inglés, polaco e chinés, e moitas historias máis, aínda por contar.
Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837 – Padrón, 1885) é a escritora máis importante do Rexurdimento galego, así como a máis popular das autoras do país. A súa figura aparece na actualidade unida de forma indisoluble a Galicia. É autora en galego dos poemarios Cantares gallegos e Follas novas, cos que a lingua galega volveu acadar cotas de alta calidade literaria logo de varios séculos de escuridade. Ademais publicou en castelán obras en verso e en prosa.