Estás aquí:

Código: 19474

O CONTADOR DE AREAS

17,60 € IVE INCLUIDO

ILUSTRADO POR SARA VALCÁRCEL

FAZULAS, O GATO PERSA DE DONA ADELAIDA, QUERE SABER
CANTOS GRANCIÑOS DE AREA CABEN NO DESERTO.
PARA DESCUBRILO EMPRENDERÁ UNHA FANTÁSTICA VIAXE
COLLIDO Á EMPUÑADURA DUN PARAUGAS, ONDE O MOI
SABICHÓN RESOLVERÁ O SEU MISTERIO. 

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 40
Deseño: cartoné
Data Publicación: 03/11/2026
Dimensións 240 X 220 mm.
Colección: álbums
Nº na colección: 63
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-643-2
Observacións:

AUTORES/AS

Valcárcel, Sara
Sara Valcárcel

Natural da Estrada, Sara Valcárcel (1994) é unha creativa multidisciplinar que compaxina o seu traballo como responsable de Comunicación na Editorial Galaxia coas súas paixóns artísticas, entre as que destaca o seu proxecto Noaltodopoleiro.

O seu universo comprende a ilustración, o deseño e a fotografía. A súa vocación polas artes visuais levouna a traballar nelas e adaptalas ao mundo real, creando o seu propio estilo.

Estudou Comunicación Audiovisual en Santiago de Compostela e está especializada en Dirección de Arte Publicitaria. Tivo a oportunidade de formarse en cidades coma Bos Aires ou Berlín, ambas as dúas grandes experiencias que ampliaron a súa visión do mundo e ensináronlle a mirar desde prismas completamente diferentes, os cales aplica á hora de traballar.

No ámbito editorial, ilustrou “O contador de areas”, de Xosé Lueiro (Editorial Galaxia, 2026), “O libro secreto da filosofía”, de José Carou (Editorial Galaxia, 2023), “Xe”, de Lara Boubeta Bamio (Editorial Galaxia, 2023), “O ladrón de paraugas”, de Xosé Lueiro (Editorial Galaxia, 2021),  “Call me Sinbad”, de Francisco Castro (Small Stations, 2020), e a cuberta de “Un intre antes do solpor”, IV Premio Varela Buxán, de Ana Carreira (Fundación Cultural da Estrada, 2015).

As súas obras

O ladrón de paraugas
9788491517597
esgotado
Lueiro, Xosé
Xosé Lueiro

(Caldas de Reis, 1969) é filólogo pola USC, normalizador lingüístico, músico e xerente da Escola Municipal de Artes Escénicas do Concello da Estrada. Publicou o poemario Antoloxía dun naufraxio (2000), o texto dramático As papoulas do peregrino (2002), a banda sonora do musical El zorro, estreado no Teatro Calderón de Madrid (2002), o CD Aire (2005), o Anuario do Teatro Galego 2003- 2004 (2006), o texto dramático Alerta cibernética (2006), a banda sonora do musical Robin Hood (2008), o libro-CD Cantos de sol a sol, xunto a Xosé Neira Vilas (2014) e o libro-CD Canto lo que hago (2016). Paralelamente colaborou coa revista poética Augasverso, a revista cultural Tabeirós Terra e levou a sección de crítica teatral do xornal Galicia Hoxe (2005 a 2008). Recibiu os premios San Martiño de Normalización Lingüística (2007) e o Salmón de Ouro á súa traxectoria teatral (2009).

Foto do autor de Lucas Terceiro.

As súas obras

O ladrón de paraugas
9788491517597
esgotado

COLECCIÓN

álbums

A caca cuca viaxa a U.K.
9788411760201
16.95€ CON IVE
Croco
Croco
16.95€ CON IVE
Laura e a randeeira espacial
9788411760218
16.95€ CON IVE
Maruchi e o gancho
9788411760508
16.95€ CON IVE
Miña casiña, meu lar
9788411761369
16.35€ CON IVE
O CONTADOR DE AREAS
cuberta o contador de areas
17.60€ CON IVE
O mundo de cores de Roque e Lía
9788491519461
16.95€ CON IVE
Os segredos do bosque de Ben-Cho-Shey
9788411761871
17.40€ CON IVE