Estás aquí:

Código: 18789

Entomoloxía para misioneiros

21,90  IVE INCLUIDO

PREMIO GARCÍA BARROS 2023

O vinculeiro dunha podente familia de Capri, presbítero dunha relixión que se concibe a si mesma como a “Fe Verdadeira”, desaparece no cumprimento do seu labor misional nun territorio inhóspito habitado por pobos ignotos, que semellan pertencer máis ao mundo da lenda que ao da realidade. Os pais do misioneiro contratan a un experto antropólogo para localizalo e, se é posible, traelo de volta á casa.

Ambientada nun século XIX imaxinario, Entomoloxía para misioneiros constrúe, mediante a diversidade de linguaxes e técnicas narrativas, un universo de ficción onde o espírito aventureiro engarza situacións que contrapoñen a devoción relixiosa co racionalismo científico e a civilización coa barbarie, e conceptos como “honor”, “valentía”, “pecado” e “deus” adquiren un novo significado para as persoas en canto se ven sometidas aos avatares do seu destino.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 310
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 16/10/2023
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 491
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-152-9
Observacións:

AUTORES/AS

Castro Paredes, Fernando
Fernando Castro Paredes

(Tapia de Casariego, 1975) é profesor de Ensino Secundario. Desenvolve unha ampla actividade no eido do teatro escolar e afeccionado como coordinador da agrupación Tuéjele Teatro do IES Fernando Blanco de Cee e membro do grupo Farándula Velutina. Como dramaturgo, foi recoñecido con galardóns como o Premio Rafael Dieste, o Álvaro Cunqueiro e o Roberto Vidal Bolaño. Entre as súas obras destacan A derradeira bala (Editorial Galaxia, 2018), Papiroflexia (Editorial Galaxia, 2021), Pallaso, Sincronizadas e Ofelia ou o cabeiro da cóbrega. No ámbito narrativo, publicou Miss Antropía na colección Costa Oeste de Galaxia e en 2023 foi recoñecido co Premio García Barros por Entomoloxía para misioneiros.

As súas obras

Papiroflexia
9788491516446
13.90€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
17.15€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
25.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
20.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
15.50€ CON IVE