Estás aquí:

Código: 2394

Cociñando ao pé da letra

22,60  IVE INCLUIDO
Entra na literatura... ata a cociña
Editorial Galaxia publica Cociñando ao pé da letra, unha orixinal proposta, a medio camiño entre a literatura e a cociña, coordinado pola poeta Yolanda Castaño e a fotógrafa Andrea Costas. Un libro que demostra que todo pode ser cociñado. Un volume para, da man dalgúns dos nosos máis sobranceiros escritores, aprendermos pratos suxestivos. Un texto para saborear as palabras ben escritas en receitas contadas doutra maneira. Un libro, en definitiva, que repara no vencello estreito entre os verbos cociñar e escribir. En palabras de Yolanda Castaño: "Vinte e unha escritoras e escritores galegos, coa máxima diversidade en canto a sexo e xeración, xénero literario e ata zona xeográfica. Homes e mozas, rapaces, señoras, da aldea, na cidade, na costa, do interior. Son algunhas das máis representativas e puxantes voces das nosas letras actuais. Autoras de ensaio e de literatura dramática, narradores, poetas, cultivadores de literatura infantil e xuvenil. Unha variada riqueza a través de ollos multiplicados, a través de perspectivas o suficientemente plurais". Os escritores e escritoras que cociñaron para este libro foron Anxos Sumai, Helena Villar Janeiro, Celso F. Sanmartín, Carmen Blanco, Rosa Aneiros, Lupe Gómez, Fina Casalderrey, Xavier Rodríguez Baixeras, Marga do Val, Xabier P. Docampo, Xosé María Álvarez Cáccamo, Chus Pato, Xavier Castro, Xabier Cordal, Lucía Aldao, Marica Campo, Agustín Fernández Paz, Cándido Pazó, María Reimóndez, Antón Lopo e Manuel Lourenzo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 184
Deseño: Capa dura
Data Publicación: 30/11/2011
Dimensións 170 x 200 mm. mm.
Colección: Cociña
Nº na colección:
Edición: 2ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-352-6
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Costas, Andrea
andrea

Andrea Costas Lago (Vigo 1978) é artista plástica e mestra de fotografía na escola viguesa de deseño Aula D.

Desenvolve o seu labor artístico utilizando diversos medios como instalación, vídeo ou performance, aínda que é mais coñecida polo seu traballo como fotógrafa.

As súas obras

Cociñando ao pé da letra
coci
22.60€ CON IVE
Castaño, Yolanda
Yolanda Castaño

Esta escritora nacida en Santiago de Compostela en 1977 é unha referencia obrigada para establecer os rumbos da creación poética das novas xeracións. Publicou o seu primeiro libro en 1995, Elevar as pálpebras. Tiña daquela dezasete anos e sorprendeu aos lectores e á crítica pola súa madurez e ao mesmo tempo pola novidade da súa expresión. Delicia e Vivimos no ciclo das erofanías confirmaron esa primeira impresión. En 2003 publicou O libro da egoísta, unha obra que marca un punto e á parte na súa obra.

A súa actividade creativa vai máis alá do medio impreso. Interesada na expresión artística e xornalística do audiovisual, dirixiu en TVE de Galicia o programa Mercuria, centrado nas vangardas creativas galegas. Formou parte da equipa directiva de Letras da Cal e codirixiu con Olga Novo a revista de artes Valdeleite. No ano 2000, e baixo o título de Edénica, viu a luz unha antoloxía persoal da súa obra anterior, acompañada dun CD no que a autora cantaba versións musicadas dos seus poemas.

Premio Nacional de Poesía 2023

As súas obras

O libro da egoísta
o libro da egoista
12.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Cociña

A cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos
larpeiro
22.60€ CON IVE
A cociña dos Cunqueiro
A cociña dos Cunqueiro
21.75€ CON IVE
As lambetadas de LARPEIROS
As lambetadas de LARPEIROS
22.60€ CON IVE
As lambetadas de larpeiros con mandil
As labetadas de larpeiros con mandil
22.60€ CON IVE
Cociñando ao pé da letra
coci
22.60€ CON IVE
Cociñando con Benigno Campos
Cociñando con Benigno Campos
22.60€ CON IVE
Cociñar con algas
Cociñar con algas
Estrelas da despensa galega e 67 receitas con historia e sabor
estrelas-da-despensa-galega
22.60€ CON IVE