Entramos na literatura galega ata a cociña

Categoría: Nova

Onte o Casino de Santiago encheuse de amigos da literatura galega e das autoras, Yolanda Castaño e Andrea Costas, para acompañalas na primeira presentación pública deste fermoso volume. Ademais delas interviron no acto Xabier P. Docampo e Anxos Sumai en representación dos escritores e escritoras que cociñan no libro, e o editor Francisco Castro.

Foi unha festa para celebrar a realización deste proxecto tan orixinal, a medio camiño entre a literatura e a cociña. Un libro co que, da man dalgúns dos nosos máis sobranceiros escritores -moitos deles alí presentes- aprenderemos pratos suxestivos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email