50 anos de MEMORIAS DUN NENO LABREGO

O Concello da Estrada organiza este acto conmemorativo do 50 aniversario da publicación de 'Memorias dun neno labrego', no que contarán coa presenza de Xosé Neira Vilas. Esta novela vén de ser publicada de novo, nunha nova edición, pola nosa editorial, comezando así a Biblioteca Neira Vilas, dedicada ao escritor de Gres, único autor vivo […]

Un novo SOLDADIÑO DE CHUMBO

Ás 12:00 h no salón de actos da Fundación Caixa Galicia, Editorial Galaxia, Continental Producciones e Moonbite Games, darán a coñecer esta alianza para deseñar e comercializar produtos de estratexia 360 graos no mercado internacional. O libro, editado como álbum en formato grande e que inaugura a colección Contos de cine de Galaxia, vén acompañado […]

Inauguramos o Ano Cunqueiro en Mondoñedo

Promovida pola Fundación Penzol e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, Editorial Galaxia e Merlín Comunicación, e en colaboración co Concello de Mondoñedo, inaugurouse na vila mindoniense, patria de Álvaro Cunqueiro, a exposición itinerante "No niño novo do vento", homenaxe ao escritor galego que comisariaron María Liñeira e Víctor F. Freixanes. Son 16 […]

Cociñando ao pé da letra

Gadisa, a través da súa rede de supermercados, distribuirá gratuitamente, o vindeiro luns, 25.000 exemplares do libro, impulsado por Yolanda Castaño e a fotógrafa Andrea Costas, 'Cociñando ao pé da letra. Entra na literatura galega ata a cociña' e que proximamente sacaremos para as librerías, nun formato grande. O libro foi presentado onte, nun formato […]

Nova edición de ELA, MALDITA ALMA

Nesta nova edición (a primeira foi en 1999), reprodúcese en cuberta un cadro do pintor arxentino Eduardo Sívori, cadro do que parte Manuel Rivas para escribir o relato "O espertar da criada", conto polo de agora inédito co que se abre o libro. En Ela, maldita alma, Manuel Rivas achega a súa ollada para descubrir […]

Xa na rúa a oferta de libros de texto de Galaxia para o curso 2011-2012

Un equipo moi completo de autores e autoras (Noemí Álvarez Villar, Xabier Álvarez Cid, Soraya Domínguez Portela, María López Sández, Montse Pena Presas, Alberte Valverde), coordinados por Henrique Monteagudo e Dolores Vilavedra, elaboraron os libros de texto de Lingua Galega e Literatura para os dous niveis da ESO que este vindeiro curso cambian o libro, […]

COCIÑANDO AO PÉ DA LETRA

Estes días está chegando ás librerías de todo o país o libro 'Cociñando ao pé da letra', un volume singular que está chamado a sorprender dende moitos puntos de vista a aqueles que se acheguen a el. O libro, coordinado por Yolanda Castaño e co traballo fotográfico de Andrea Costas, reúne a 21 escritoras e […]

Redescubrir ÁRTICO

Primeiro libro de Xavier Queipo e Premio da Crítica española en 1991, Editorial Galaxia publica unha nova edición, revisada e ampliada, de 'Ártico 2.0'. O libro de relatos co que se deu a coñecer o autor de 'Malaria sentimental' retorna ás mans de lectores e lectoras nunha nova versión que provoca unha nova lectura: a […]