Cociñando ao pé da letra

Categoría: Nova

Gadisa, a través da súa rede de supermercados, distribuirá gratuitamente, o vindeiro luns, 25.000 exemplares do libro, impulsado por Yolanda Castaño e a fotógrafa Andrea Costas, 'Cociñando ao pé da letra. Entra na literatura galega ata a cociña' e que proximamente sacaremos para as librerías, nun formato grande. O libro foi presentado onte, nun formato máis cativo, nun almorozo coa prensa que se celebrou no CGAC compostelano.
En total agasallaranse 25.000 exemplares de "Cociñando ao pé da letra", do que son coeditoras a poeta Yolanda Castaño e a fotógrafa Andrea Costas. No libro, 21 escritoras e escritores contemporáneos galegos fan unha interpretación das súas receitas de cociña favoritas a través de distintos estilos e xéneros literarios. Contos, poemas e diálogos teatrais no mundo da cociña conflúen en "Cociñando ao pé da letra" , que achega a creatividade culinaria ás Letras Galegas dun modo diferente e ameno.

Comparte nas túas redes sociais ou por email