Novidades na redacción de GRIAL

A escritora e catedrática de didáctica da ciencia, Marilar Aleixandre, e o xornalista e profesor de comunicación da Universidade de Santiago, Francisco Campos, veñen de incorporarse ao consello de redacción da revista GRIAL, que se enriquece deste xeito con novas liñas de traballo. Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) ten un amplo e celebrado currículo como escritora, […]
Miro Villar e Xosé Carlos Caneiro publican dous novos títulos infantís

O mes das letras remata coa publicación de dous novos álbumes, en formato pequeno, da autoría de Miro Villar e Xosé Carlos Caneiro, autor que debuta como autor para este chanzo de idade. Nos próximos días chegarán ás librerías de todo o país 'A cobiza do verme Noel', de Miro Villar e 'O raposo Colabranca' […]
Un libro de texto interactivo e multimedia

Veñen de sair do prelo e veñen cheos de novidades os libros de texto de 1º e 3º da ESO da materia de Lingua e Literatura Galega. Ademais da xa clásica proposta de Galaxia de presentación dos contidos como se fosen unha pizarra, para que o alumnado aproveite a dobre páxina e non perda nunca […]
Contoplanet supera as 7000 descargas

A experiencia pioneira dentro do mundo editorial galego, Contoplanet, que permite a calquera persoa do mundo, a través da tenda App. Store mercar contos en galego, castelán e inglés do catálogo de Editorial Galaxia, superou xa as 7000 descargas. Contoplanet, que xa foi merecente de varios premios EGANET e que foi incluso finalista dos Mestre […]
O catedrático Ramón Lorenzo, Premio Trasalba 2011

O catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago, Ramón Lorenzo Vázquez (Eirapedriña, Ames, 1935), cofundador do Instituto da Lingua Galega en 1971, poeta, especialista en léxico e lingua medieval, editor da "Crónica troyana" e de importantes textos do literatura da Idade Media, fundador e director da revista "Dorna", ácademico da RAG, tradutor, […]
Xulia Alonso recibiu o Premio Losada Diéguez

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, foi o encargado de entregar as estatuíñas conmemorativas dos premios Losada Diéguez correspondentes a este ano que recaeron en Xulia Alonso, no eido de creación literaria, e Francisco Calo Lourido na modalidade de investigación e ensaio, que recibiron 6.000 euros cada un. Como mantedor do acto estivo presente o […]
Iris de verduras

Como contribución ao 'Cociñando ao pé da letra', Carmen Blanco fixo un prato de cores que vos deixamos aquí. IRIS DE VERDURAS Carmen Blanco A Ramón Blanco García, bo cociñeiro e gourmet. Veño da verdura Perduro no pracer Abre o libro e come saberache nos sentidos pracerache nas entrañas Nas festas de moitos días miña […]
Colle o que comas

O poeta Celso F. Sanmartín preparou un 'Xantar para un 18 de agosto' no libro 'Cociñando ao pé da letra'. Deixámosvos a receita aquí. xantar para o martes 18 de agosto de 2009 ————————————————————————————————————— Colle o que comas. Non tires co pan. (o sábado 7 de nov. de 2009, veu publicada no xornal L.V.d.G. esta […]