Colle o que comas

Categoría: Nova

O poeta Celso F. Sanmartín preparou un 'Xantar para un 18 de agosto' no libro 'Cociñando ao pé da letra'. Deixámosvos a receita aquí.

xantar para o martes 18 de agosto de 2009

—————————————————————————————————————
Colle o que comas. Non tires co pan. (o sábado 7 de nov. de 2009, veu publicada no xornal L.V.d.G. esta noticia que traduzo a continuación:

Non tires coa vida. Cousas que teño escoitado moito de pequeno.
—————————————————————————————————————

As fronteiras entre prato e ante-prato:
Sendo labrador, témolle ás neboas e ás plagas. Son fanático de mirar medrar a horta, cultivo o estoicismo da perda dunha colleita e a loubanza do que acaba no prato, etc.

Pedinlles a Yolanda e a Andrea que viñeiran primeiro pola horta, entón podemos dicir que as receitas comezan aquí:
Fomos ós:

figos

Recollemos:

patacas (das que trouxo Sole, a semente das patacas coloradas, que meu pai chama de ollo de pérdiz, desde Tormellas, Ávila)
acelgas (non somellan plantas cultivadas polo ben que se adaptan e o duras que son, e o pouco esforzo e coidados que requiren, tal como herbas incultas e non comestibles)
cebolas (gracias a meu pai que nos trouxo o cebolo do seu porral)
remolachas (este ano están medrando moito de folla pero teñen a carola pequena)
cenorias (non as rareamos no seu momento e agora recollémolas coa sacha, pequenas e abundantes)
leitugas (dunha raza que lle chaman orella de burro, e doutra que non lle sei o nome e chasca coma vidro)
pementos (brancos de Arzúa, e escuros de Padrón. Ó final non usamos de ningúns)
pirixel (este ano naceu por onde lle pareceu, así e todo algo menos que as ortigas que naceron por calquera sitio)
cabaciña (de cuarta e media, inda tenra)

(Gracias á señora Carmen e ó señor Gonzalo, por nos deixar traballar a horta sen arrendo)

Receita:

Acelgas con salsa bechamel
Cócense as acelgas en auga con sal
Faise unha salsa bechamel lixeira coa súa cebola e o seu pirixel
Xúntase todo e reméxese

Crema en copa, de cabaciña con melón licuado, e adornado cunha pisca de pementón picante e pan fritido
(gracias pola combinación a Diego Alfonso López Portas, que é amigo e cociñeiro de profesión)
Para a crema:
2 cabaciños (300grs. Aprox.)
½ cebola
½ l. de auga
Sal
Un chorro de aceite bo
Para o melón:
200 grs., triturado no momento

Bótase a crema, quente pero que non queime, na copa ata enchela uns 3/4. E porriba, despaciño, o melón licuado e do tempo. Adornar e servir xa

Salada de leituga, cebola, cenoria e remolacha
así mesmo é

ó comer, falar:
teño visto contar cousas na mesa e estar todos calados escoitando, e quen contaba as cousas, ter o seu anaco de pan en vinte anacos

Celso Fernández Sanmartín
Lalín, luns 10 de novembro de 2009

Comparte nas túas redes sociais ou por email