Un novo SOLDADIÑO DE CHUMBO

Categoría: Nova

Ás 12:00 h no salón de actos da Fundación Caixa Galicia, Editorial Galaxia, Continental Producciones e Moonbite Games, darán a coñecer esta alianza para deseñar e comercializar produtos de estratexia 360 graos no mercado internacional.

O libro, editado como álbum en formato grande e que inaugura a colección Contos de cine de Galaxia, vén acompañado dunha curtometraxe de animación multipremiada ao tempo que se publica nun innovador xeito como conto interactivo para iPad. Sen dúbida, estamos diante dunha das apostas galegas máis fortes que nunca se botaran a andar de cara a prestixiar e facer visibles os produtos creativos galegos no mercado internacional. Con esta iniciativa, énchese un importante baleiro no mundo editorial e audiovisual que axuda a poñer a cultura galega e Galicia no vieiro da modernidade. Deste xeito, tres empresas galegas alíanse para deseñar un novo xeito de promover internacionalmente a potencia creativa do noso país.

No acto estarán dispoñibles para responder ás preguntas dos medios de comunicación ou para ampliar calquera clase de información, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Francisco Castro, coordinador de novos proxectos de Galaxia, Chelo Loureiro, directora da colección Contos de Cine, Carlos Fernández, director de Moonbite Games, Pancho Casal, presidente de Continental Producciones, Virginia Curiá e Tomás Conde, directores da película, e Alfonso Costa, deseñador dos personaxes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email