Un equipo moi completo de autores e autoras (Noemí Álvarez Villar, Xabier Álvarez Cid, Soraya Domínguez Portela, María López Sández, Montse Pena Presas, Alberte Valverde), coordinados por Henrique Monteagudo e Dolores Vilavedra, elaboraron os libros de texto de Lingua Galega e Literatura para os dous niveis da ESO que este vindeiro curso cambian o libro, primeiro e terceiro.
Ademais de construir uns libros moi modernos e atractivos para facilitar o estudo dos mozos e mozas que o usen, desta volta Editorial Galaxia está a preparar unha oferta dixital de primeira magnitude de tal xeito que todos aqueles profesores e profesoras que decidan apostar pola nosa liña de materiais pedagóxicos recibirán un DVD no que, ademais dunha cantidade enorme de propostas de Audio para traballar a oralidade, recibirán unha completa aplicación dixital na que atoparán RECURSOS MULTIMEDIA e ACTIVIDADES INTERACTIVAS orientadas ás pizarras dixitais e ao traballo cos ultraportátiles. O obxectivo final é ofertar uns materiais de estudio, para o profesorado e o alumnado consorte cos novos tempos e que integren as novas tecnoloxías no estudo diario.
Unha oferta pedagóxica centrada nos novos retos da educación moderna.