Os larpeiros presentan o seu libro máis doce!. Con sorpresa.
Recolle algunhas das sobremesas do popular programa de Televisión de Galicia e outros moitos doces, madalenas, biscoitos, cremas, roscóns...
Ademais de ricas, todas as receitas son sinxelas e divertidas de facer na casa.
A autora sabe darlle un toque ben orixinal, lambonciñas e lambonciños.
Xerente do Hostal e Apartamentos Rodeiramar 2A, onde practica as súas Lambetadas. É licenciada en Ciencias do Mar e Técnico Superior en Cultivos Mariños, e o tema da repostería e da hostalería venlle de familia. O seu negocio hostaleiro vai pola terceira xeración. Xa o seu avó, alá polos anos 50 dicía que algún día poderíase vivir do turismo, e apostou por iso. O restaurante coñecido en Cangas como “A de Mallo”, foi un referente da mellor cociña galega da zona, onde o que premiaba era a fantástica materia prima das nosas rías e dos nosos campos.
Colabora en Larpeiros da TVG..