Editorial Galaxia chega á Feira do Libro da Coruña cunha ampla programación de encontros, presentacións e sinaturas

Categoría: Nova

Do 1 ao 10 de agosto, Editorial Galaxia participará na Feira do Libro da Coruña cunha ampla programación de preto de trinta actividades nos Xardíns de Méndez Núñez.

Editorial Galaxia estará presente na Feira do Libro da Coruña cunha ampla programación que reunirá, do 1 ao 10 de agosto, algunhas das nosas novidades editoriais.

Presentacións, conversas, sinaturas e actividades participativas conforman unha proposta diversa, que percorrerá a narrativa, o ensaio, a memoria histórica, a novela negra, a gastronomía, a creación literaria e o diálogo entre literatura e fotografía.

Ao longo dos dez días da feira, o público poderá achegarse a obras recoñecidas con premios como o García Barros ou os Follas Novas, descubrir novidades editoriais e conversar directamente coas súas autoras e autores.

Programación de Editorial Galaxia

Sábado 1 de agosto

18 h. Sinatura de Paula Mayor

A autora asinará exemplares de Rosalía oculta na caseta da libraría A Gata Tola.

Domingo 2 de agosto

18:30 h. Sinatura de Juan Galán

Encontro arredor de Rotspanier. Un miliciano galego no exilio francés, na caseta da libraría Ler da Pobra do Caramiñal.

19 h. Conversas Follas Novas

Tamara Andrés e Carlos Negro dialogarán sobre os fíos da memoria que tece a literatura. Andrés é autora de Eu son de aquí e de alá e Carlos Negro participa como autor de A caligrafía das espigas, recoñecido co Premio Follas Novas ao libro mellor editado.

19:30 h. Sinatura de Arantza Portabales

A autora asinará Asasinato no muíño do cura e o resto da súa obra na caseta de Espazo Lector Nobel.

20 h. Presentación de A muller de mentira

Iria Collazo López presentará a obra gañadora do Premio García Barros 2026. Estará acompañada por Tamara Andrés, responsable de Edicións de Editorial Galaxia.

20:45 h. Sinatura de Iria Collazo

Na caseta da libraría Lume.

Luns 3 de agosto

19 h. O amor, o odio e a ignorancia

Manuel Fernández Blanco presenta O amor, o odio e a ignorancia. Conversa con Carlos Callón. Participarán Manuel Fernández Blanco e Carlos Callón, acompañados pola xornalista Fernanda Tabarés.

Martes 4 de agosto

20 h. Escena do crime: a novela negra hoxe

Conversa con Arantza Portabales, autora de Asasinato no muíño do cura; Pedro Martí, autor de La mala hija; e Pedro Feijoo, autor de Onde nacen as bestas. Modera María Nieto.

Mércores 5 de agosto

12 h. Sinatura de Juan Galán

Arredor de Rotspanier. Un miliciano galego no exilio francés, na caseta da libraría Couceiro.

19:15 h. As tumbas ao clareo

Alba Tomé, autora de As humidades, Alba Guzmán, e Valeria G. Caneda conversarán sobre novos códigos narrativos para nomear as violencias. Modera Branca Trigo.

19:30 h. Sinatura de Juan Galán

Na caseta da libraría Galgo Azul.

Xoves 6 de agosto

12:30 h. Sinatura de Silvia Fernández

Arredor de O mar que me levou, na caseta de Espazo Lector Nobel.

19 h. Sinatura de Brais Lamela

O autor asinará A lingua estranxeira na caseta da libraría Berbiriana.

20 h. Sinatura de Mónica Prego

A autora asinará A carón do lume na caseta da libraría Arenas.

Venres 7 de agosto

17:30 h. Sinatura de Carmen V. Valiña

Arredor de As tolas que non o eran, na caseta de Espazo Lector Nobel.

17:30 h. Sinatura de Silvia Fernández

Arredor de O mar que me levou, na caseta da libraría Lume.

Sábado 8 de agosto

17:30 h. Sinatura de Ana Varela

Arredor de Runrún, na caseta da libraría Lume.

17:30 h. Sinatura de Alba Tomé

Arredor de As humidades, finalista do Premio Illa Nova, na caseta de Espazo Lector Nobel.

17:30 h. Sinatura de Abraham Pérez

O autor asinará A vida a arder e o resto da súa obra na caseta da libraría Galgo Azul.

20 h. Presentación de Os abandonos

Antón Riveiro Coello presentará a súa nova novela acompañado polo escritor e historiador Carlos Pereira.

Domingo 9 de agosto

12 h. Sinatura de Paula Mayor

Arredor de Rosalía oculta, na caseta da libraría Lume.

18 h. Sinatura de Nerea Pallares

A autora asinará Punto de araña na caseta da libraría Couceiro.

19 h. Sinatura de Brais Lamela

Brais Lamela asinará exemplares na ULA libraría social.

20 h. Presentación de A lingua estranxeira

Brais Lamela presentará a súa nova novela acompañado polo escritor Alberto Lema.

20:15 h. Conversas Follas Novas

Nerea Pallares conversará con Olaia Sendón sobre Punto de araña, Premio Follas Novas do Libro Galego 2026 á Narrativa.

Luns 10 de agosto

12 h. Sinatura de Silvia Fernández

Arredor de O mar que me levou, na caseta da libraría Galgo Azul.

19 h. Perpetuando a José Suárez

Actividade baseada en Tras da mirada de José Suárez, de Olaia Sendón. As persoas asistentes poderán converterse en protagonistas dunha das imaxes máis icónicas do fotógrafo.

20 h. Presentación de Por que comemos?

Xosé Cermeño presentará o seu novo libro acompañado polo xornalista Moncho Viña.

A Feira do Libro da Coruña celebrarase do 1 ao 10 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez, en horario de 11 a 14 h e de 17:30 a 21:30 h. Todos os libros contarán cun 10 % de desconto.

Comparte nas túas redes sociais ou por email