Tras Asasinato na Casa Rosa, Arantza Portabales regresa cun novo caso da agora detective Iria Santaclara e o comisario xubilado César Araujo.
Volvemos a Loeiro, onde en 1984 acontece unha matanza no muíño do Cura que trae as súas consecuencias ata o presente, cando, unha muller, Alba Mariño, chega á vila na procura de repostas sobre un pasado que lle roubaron e do que descoñece todo, agás a marca indeleble que deixou na súa vida.
Santaclara e Araujo, coa inestimable colaboración de Sinda, a Gestapo, axudarán a Alba a desentrañar o sanguento misterio arredor do seu pasado e baterán coas sinistras irmás Freijomil, netas do cura, e coa vella historia da morte da súa sobriña Berta sendo nena, crime que nunca se resolveu.
E así, en Loeiro, o pacto de silencio entre os veciños vai rachando ata que, nun final trepidante, faise a luz entre as sombras dun pasado cruento que implica a moitos máis dos que pensabamos.

(San Sebastián, 1973) iníciase como escritora no ano 2015 cun libro de microrrelatos en castelán, A Celeste la compré en un rastrillo. Ese mesmo ano, coa súa primeira obra en galego, Sobrevivindo (Galaxia), acada o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. A súa segunda novela, Deixe a súa mensaxe despois do sinal (Galaxia, 2017), foi traducida para o castelán, o italiano, o hebreo e o alemán, adaptada ao teatro e obtivo o Premio Novela Europea do Casino de Santiago. Beleza vermella (Galaxia, 2019), un dos títulos máis lidos da novela policial galega, acadou o Premio Frei Martín Sarmiento e está protagonizada polo inspector Abad e a subinspectora Barroso, que en 2021 volven ser os personaxes centrais de A vida secreta de Úrsula Bas (Galaxia). En 2023, publicou O home que matou a Antía Morgade (Galaxia) e en 2025 Asasinato na casa rosa (Galaxia)
© Rubén García