FINALISTA premio Illa Nova de Narrativa 2025
A infancia pode ser un paraíso perdido ou o primeiro inferno. Cando a violencia se instala no fogar, a casa deixa de ser refuxio e convértese nun territorio de medo que marca para sempre a vida futura. Nesta historia, un pai que aspira a medrar na política local constrúe unha nova imaxe pública mentres tenta enterrar o pasado. Na sombra, a avoa e as pequenas tecen unha alianza silenciosa, unha complicidade feita de miradas e agarimos, decididas a que non sexa tan doado reinventarse sen asumir as consecuencias. Esta novela esculca no sórdido e no tenro, na crueza e na delicadeza. Un relato poderoso que nos lembra que detrás das portas dunha familia aparentemente común pode agocharse unha violencia invisible e unha forza inesperada disposta a romper o silencio.

(Vilagarcía de Arousa, 1996) é comunicadora audiovisual especializada en xornalismo. Traballou como redactora e columnista en medios como Diario Público, Revista Luzes e Gciencia. Entre 2021 e 2023 mergullouse na comunicación política no Congreso dos Deputados. Realizou diversos traballos como fotógrafa, así como presentadora e moderadora de conferencias e eventos públicos. Paralelamente á súa profesión, desenvolveu un intenso labor no activismo feminista desde a asociación O Soño de Lilith. Na actualidade coordina a comunicación do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) e traballa en proxectos culturais e musicais. As humidades é a súa primeira novela, coa que quedou finalista do Premio Illa Nova.