A través da súa mirada, Ana, axudante de dirección, achéganos á rodaxe da película Catro viaxes de Elena Fahlbusch, onde conviven intérpretes singulares, algunhas circunstancias desagradables e mesmo a memoria doutra filmación vinte anos atrás, tamén con Roberto como director. O guión, así como o modo de ser dalgúns dos integrantes do elenco, lévanos a unha reflexión sobre o uso da tecnoloxía na sociedade contemporánea, pero tamén sobre aspectos como a paternidade e a visión do mundo desde a madureza.

(Ourense, 1979). Profesor de ensino secundario, é licenciado en Filoloxía Inglesa e Hispánica pola Universidade de Vigo e cursou o terceiro ciclo na Universidade de Málaga, onde acadou o Diploma de Estudos Avanzados na especialidade de Literaturas Hispánicas. Publicou unha análise de dúas obras do escritor chileno Roberto Bolaño (La poesía de Roberto Bolaño. Tres y Los perros románticos, 2012) e, a finais de 2024, De peces eléctricos, o seu primeiro poemario.