(Ourense, 1979). Profesor de ensino secundario, é licenciado en Filoloxía Inglesa e Hispánica pola Universidade de Vigo e cursou o terceiro ciclo na Universidade de Málaga, onde acadou o Diploma de Estudos Avanzados na especialidade de Literaturas Hispánicas. Publicou unha análise de dúas obras do escritor chileno Roberto Bolaño (La poesía de Roberto Bolaño. Tres y Los perros románticos, 2012) e, a finais de 2024, De peces eléctricos, o seu primeiro poemario.