Estás aquí:

Código: 19414

OS ABANDONOS

16,50  IVE INCLUIDO

Delfina, unha muller difícil, caprichosa e egoísta, ten un trastorno narcisista da personalidade e todo un mundo de ficción onde adoita acubillarse. Antes de chegar aos oitenta anos, vese tamén afectada pola demencia e non tarda en entrar nunha fase de dependencia que altera as súas defensas.  Lucía queda en Compostela con Susana, a súa irmá, para tomaren a inevitable decisión de internar a nai nunha residencia da terceira idade. Mais, no último momento, Delfina desaparece sen deixar rastro e as fillas prepáranse para o peor, porque nesa espera caben todas as desgrazas. O que non imaxinan é que levan vivindo toda a vida cunha descoñecida. No camiño desta novela, absorbente e dura, escrita desde a dor e as feridas de Lucía, o autor vainos enfrontando con temas delicados, como os coidados, a vellez, a saúde mental, os abusos e os sentimentos familiares.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 134
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 29/06/2026
Dimensións 150 X 230 mm.
Colección: Biblioteca Riveiro Coello
Nº na colección: 1
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788411766036
Observacións:

AUTORES/AS

Antón Riveiro Coello
Antón Riveiro Coello

(Xinzo de Limia, 1964). É un dos autores de máis prestixio da narrativa galega actual e, entre a súa obra, traducida a varias linguas, destaca Valquiria (1996), Premio Camilo José Cela; Parque Central e outros relatos (1996); A historia de Chicho Antela (1997); A quinta de Saler (Galaxia, 1999), Finalista Premio Torrente Ballester; Animalia (Galaxia, 1999), Premio Café Dublín; As rulas de Bakunin (Galaxia, 2000), Premio García Barros; Homónima (Galaxia, 2001) Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa; Cartafol do Barbanza (2002); A esfinxe de amaranto (Galaxia, 2003); Limaiaé (2005); Casas Baratas (Galaxia, 2005); A voz do lago (Galaxia, 2007), Os ollos de K (Galaxia, 2007), Finalista Premio Novela Europea Casino de Santiago; As pantasmas de auga (2010); Laura no deserto (Galaxia, 2011), Premio da Crítica Española, Premio de Narrativa da AELG e Premio Frei Martín Sarmiento; Acordes náufragos (Galaxia, 2013); Os elefantes de Sokúrov (Galaxia, 2015), Premio Fervenzas Literarias; A ferida do vento (Galaxia, 2016), Premio Frei Martín Sarmiento; Á sombra dos bonsais (Galaxia, 2017); O paraiso dos inocentes, Premio Torrente Ballester 2019 (Galaxia, 2020); Días de intemperie (Galaxia, 2022); Hotel Carioca (Galaxia, 2023) Premio Álvaro Cunqueiro de Novela 2022; e Os abandonos (Galaxia, 2026).

Foto do autor: © Mar Rodríguez

As súas obras

A ferida do vento
A ferida do vento
16.45€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Riveiro Coello

OS ABANDONOS
Os abandonos
16.50€ CON IVE
LAURA NO DESERTO
Laura no deserto BRC
29.55€ CON IVE