Estás aquí:

Código: 19416

LAURA NO DESERTO

29,55  IVE INCLUIDO

Primavera de 1982. Diana bate en Barcelona cunha carta que ispe a memoria familiar. En Compostela, un intelectual enfermo, empurrado pola morfina, espétalle ao seu fillo unha frase que garda un misterio. Bob, un fotógrafo retirado de Brooklyn, mira de coidar do seu amigo Bernie, que probou o suicidio. Nun psiquiátrico, unha muller leva meses sen pronunciar máis palabra que o murmurio dunha canción.   Antón Riveiro Coello entra, con mestría, na alma destes personaxes para nos falar cunha voz intensa sobre a identidade, a culpa, o amor e a liberdade.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 784
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 29/06/2026
Dimensións 150 X 230 mm.
Colección: Biblioteca Riveiro Coello
Nº na colección: 2
Edición: 2ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788411766012
Observacións:

AUTORES/AS

Antón Riveiro Coello
Antón Riveiro Coello

(Xinzo de Limia, 1964). É un dos autores de máis prestixio da narrativa galega actual e, entre a súa obra, traducida a varias linguas, destaca Valquiria (1996), Premio Camilo José Cela; Parque Central e outros relatos (1996); A historia de Chicho Antela (1997); A quinta de Saler (Galaxia, 1999), Finalista Premio Torrente Ballester; Animalia (Galaxia, 1999), Premio Café Dublín; As rulas de Bakunin (Galaxia, 2000), Premio García Barros; Homónima (Galaxia, 2001) Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa; Cartafol do Barbanza (2002); A esfinxe de amaranto (Galaxia, 2003); Limaiaé (2005); Casas Baratas (Galaxia, 2005); A voz do lago (Galaxia, 2007), Os ollos de K (Galaxia, 2007), Finalista Premio Novela Europea Casino de Santiago; As pantasmas de auga (2010); Laura no deserto (Galaxia, 2011), Premio da Crítica Española, Premio de Narrativa da AELG e Premio Frei Martín Sarmiento; Acordes náufragos (Galaxia, 2013); Os elefantes de Sokúrov (Galaxia, 2015), Premio Fervenzas Literarias; A ferida do vento (Galaxia, 2016), Premio Frei Martín Sarmiento; Á sombra dos bonsais (Galaxia, 2017); O paraiso dos inocentes, Premio Torrente Ballester 2019 (Galaxia, 2020); Días de intemperie (Galaxia, 2022); Hotel Carioca (Galaxia, 2023) Premio Álvaro Cunqueiro de Novela 2022; e Os abandonos (Galaxia, 2026).

Foto do autor: © Mar Rodríguez

As súas obras

A ferida do vento
A ferida do vento
16.45€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Riveiro Coello

OS ABANDONOS
Os abandonos
16.50€ CON IVE
LAURA NO DESERTO
Laura no deserto BRC
29.55€ CON IVE