Estás aquí:

Código: 19292

Rotspanier. Un miliciano galego no exilio francés 1939-1946

24,00  IVE INCLUIDO

Juan Galán recolle en Rotspanier a peripecia vital de Joaquín Fernández Millán, mariñeiro de profesión da Pobra do Caramiñal, emigrado ao País Vasco na década de 1920, que loitou como miliciano no Exército de Euskadi. Como tantos outros españois, a inicios de febreiro de 1939 cruzou os Pireneos para exiliarse en Francia, onde sería internado en campos de concentración durante a Segunda Guerra Mundial, forzado a traballar en compañías de traballo (CTE e GTE) na zona controlada polo Goberno de Vichy, e, posteriormente, para a Organización Todt, na zona ocupada polos nazis, na construción do Muro Atlántico.
É esta unha obra de grande interese pola información que nos proporciona sobre eses miles de republicanos (os Rotspanier) que fuxiron de Franco para caer nas mans de Hitler.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 272
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 15/12/2025
Dimensións 230 x 150 mm.
Colección: Memoria
Nº na colección: 58
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788411765107
Observacións:

AUTORES/AS

Galán, Juan

(A Coruña, 1961) estudou Filoloxía Inglesa na USC e exerceu como profesor de inglés na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol. Na súa faceta de escritor publicou obras de ficción como Romanza de los naranjos en flor (2021), El eco de tu voz (2022) e Las tribulaciones de Bruno Lamas (2023). É investigador da memoria republicana de Galicia e vogal da xunta directiva da Asociación de Memoria Histórica Democrática de Ferrolterra.

Colabora en diversas revistas e no Diario de Ferrol, onde conta cunha sección dedicada á memoria histórica democrática. Rotspanier. Un miliciano galego no exilio francés. 1939-1945 é o seu primeiro traballo de investigación histórica.

As súas obras

Rotspanier. Un miliciano galego no exilio francés 1939-1946
Rotspanier Un miliciano galeno no exilio frances
24.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Memoria

A ditadura portuguesa contra Castelao
9788411764834
23.40€ CON IVE
A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981
conquista
25.10€ CON IVE
A Galicia de Montevideo
galicia
25.10€ CON IVE
Algo máis que un café. O Derby de Vigo. 1921-1968
derby
24.20€ CON IVE
Álvaro de las Casas. Biografía e documentos
alavaro de casas
24.30€ CON IVE
Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado
antonio tovar
23.10€ CON IVE
Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976
Ao abeiro da amizade Epistolario 1926-1976 OBRADOIRO.indd
30.10€ CON IVE
Artigos en La Nación
artigos na nacion
19.10€ CON IVE